jueves, 22 de octubre de 2015

SAMAÍN

A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. 

Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. 

Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. 

Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar. 

O Samaín é unha festa asociada ao ciclo anual do sol que xa forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OLA, DEIXA A TÚA MENSAXE AQUÍ SE QUERES COMUNICARTE COMIGO! UN SAÚDO!

Free ABC Block MySpace Cursors at www.totallyfreecursors.com